Menú

FAQ - Preguntas frecuentes

Preguntas de ámbito xeral

  • Que é METAPOSTA?

    METAPOSTA é un servizo de caixa forte en Internet onde se pode recibir e custodiar documentos de interese.

    METAPOSTA está pensado tanto para cidadáns como para organizacións; estas últimas poden, ademais de recibir e custodiar os seus documentos, realizar envíos seguros de documentos como contratos, diplomas, facturas, nóminas... e asinar contratos.

    O fundamento principal do sistema é o almacenamento seguro e perenne daqueles documentos aos cales a cidadanía e as empresas outorgan un alto valor e que, en consecuencia, desexan almacenar nun espazo persoal electrónico. Cando eses documentos están, ademais, asinados electronicamente, METAPOSTA encárgase de custodiar para que non perdan o seu valor legal.

    Ademais de recibir, esta caixa forte permite cargar documentos desde o ordenador ou desde o móbil a través da app.

  • Desexo darme de alta en METAPOSTA. Que debo facer?

    Para darte de alta en METAPOSTA, podes facelo de calquera das tres formas seguintes.

    (1) Certificado dixital

    Para darte de alta con certificado dixital, preme no botón (na parte superior dereita) «ACCESO Á MIÑA CAIXA DE CORREO» e, dentro de este apartado, escolle «Con certificado dixital».Os certificados de sinatura electrónica recoñecida en METAPOSTA son:

    - DNI electrónico.

    - Certificados de IZENPE.

    - Certificados de CAMERFIRMA.

    - Certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (CERES).

    - Certificados corporativos de Osakidetza e da Universidade Pública Vasca (UPV).

    - Certificados da Autoridade de Certificación da Avogacía (ACA)

    (2) Alta presencial (KZgunea)

    Podes rexistrarte en METAPOSTA acudindo a calquera centro KZgunea, co teu DNI ou NIE en vigor (sen necesidade de certificado dixital).

    (3) Banca en liña

    Só cómpre que esteas rexistrado como usuario na banca en liña de calquera das entidades colaboradoras.

    - Bankoa (particulares e empresas).

    - Kutxabank (só particulares).

    - Laboral Kutxa (particulares e empresas).

    A alta realízase desde a entidade financeira.

  • IT TXARTELA: ¿Cómo recupero mis certificados IT TXARTELA obtenidos antes de darme de alta en el buzón de METAPOSTA?

  • Poderei dispor de varias contas en METAPOSTA?

    Non. Cada persoa física ou xurídica só pode dispor dunha conta METAPOSTA.

  • Buzón METAPOSTA vs Buzón METABOX

  • Pode METAPOSTA ser contratado por menores de idade?

    Si, coa condición de que estean en posesión dun documento de identificación válido e sexa maior de 16 anos de idade.

  • Pode METAPOSTA ser contratado por persoas estranxeiras?

    Si, sempre e cando estean en posesión dunha identificación válida en regra coa que demostrar a súa identidade.

  • NIE-DNI: cambiar mi buzón de NIE a DNI

  • ¿Puedo modificar la configuración inicial de mi buzón digital?

  • Cal é o límite de capacidade de almacenamento de METAPOSTA?

    METAPOSTA disporá de almacenamento ilimitado para os documentos enviados por empresas adheridas. Para os documentos incorporados por vostede, existe un límite de 1 GB sen custo algún. É posible ampliar esta capacidade de almacenamento. Máis información: metaposta@metaposta.com ou 943 000 833.

     

  • Teñen validez legal os documentos almacenados en METAPOSTA?

    Si, METAPOSTA conta con valor probatorio legal, para todas as entidades ás que aplique a Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico da cidadanía os servizos públicos, a cal é de obrigatorio cumprimento para as administracións públicas e para todas empresas privadas que teñan a devandita lei aceptada. Para efectos dos usuarios e entidades ás que aplique a Lei 11/2007, todo aquilo que acontece en METAPOSTA é legalmente válido e pode ser utilizado como referencia ou proba legal.

  • Podo compartir a miña caixa do correo de METAPOSTA con outras persoas?

    Dado o alto grao de confidencialidade que ten a documentación da súa caixa do correo de METAPOSTA, recoméndase que a caixa do correo sexa de uso persoal e intransferible.Con todo, e se ten documentación que dexea compartir con outros usuarios de METAPOSTA, cabe a posibilidade de compartir documentos con usuarios que vostede designe.

  • App: ¿cuál es la funcionalidad del botón "validar" de la App al acceder al documento?

  • Canto me custará este servizo se o contrato?

    METAPOSTA é un servizo gratuíto para as persoas físicas e xurídicas que teñen caixa do correo creada en METAPOSTA.

  • Esquecín as miñas claves de acceso a METAPOSTA. Que debo facer?

    Podes rexerar os datos de acceso á túa caixa de correo, sempre que o desexes. Para iso, cómpre que a conta de correo asociada á túa conta de METAPOSTA estea activa e teñas acceso a ela. O procedemento de rexeración dos datos de acceso realízase desde a web www.metaposta.com.  Dentro do apartado «Acceso á miña caixa de correo», preme sobre «Esqueciches o teu contrasinal» e sigue as instrucións que vaian aparecendo.

    No caso de que non teña unha conta de correo asociada á caixa de correo de METAPOSTA ou non teña os datos de acceso a esta, pode chamar ao servizo de atención telefónica de METAPOSTA (943 000 833) ou acudir a algunha das oficinas de KZgunea.

  • CONTRASEÑA: quiero recuperar la contraseña y me dice que no tengo e_Mail asociado

  • CONTRASEÑA: he solicitado el e_Mail para regenerar mi contraseña y no me llega

  • Durante canto tempo permanecerán os meus documentos almacenados en METAPOSTA?

    Os seus documentos en METAPOSTA non se eliminarán nunca. Permanecerán almacenados perpetuamente para a súa consulta e xestión.

  • EMISORES: ¿cómo me suscribo a nuevos Emisores?

  • EMISORES: ¿qué Emisores están activos?

  • Que ocorrerá cos meus documentos se deixo de ser cliente da entidade adherida que os enviou?

    Os documentos que xa foron entregados na súa caixa do correo permanecerán nela a perpetuidade, ou ata que vostede os elimine. Loxicamente, e debido a que vostede deixa de ser cliente da entidade, non se entregarán novos documentos na súa caixa do correo.

  • Son unha empresa e desexo darme de Alta en METAPOSTA. Que debo facer?

    Se unha persoa xurídica dispón de certificado de sinatura electrónica recoñecida (tarxetas de Izenpe, Camerfirma) pode darse de alta directamente na web de METAPOSTA (www.metaposta.com). 

    Tamén ten a posibilidade de darse de alta a través da banca online das entidades colaboradoras (Bankoa / Laboral Kutxa).

    Para poder realizar envíos a través de METAPOSTA, cómpre contactar co 943 000 833 ou metaposta@metaposta.com.

  • FIRMA: he recibido un mensaje que me dice que tengo un documento para firmar y no sé cómo hacerlo

  • Poderei darme de baixa en METAPOSTA cando o desexe, ou hai algún período de permanencia?

    Si, vostede poderá darse de baixa cando o desexe, xa que non existe período de permanencia en METAPOSTA. Unicamente no caso de que tivese algún acordo con algunha das empresas adscritas a METAPOSTA (remitentes de documentación), deberá revisar este punto con eles.

    Ao darse de baixa en METAPOSTA, todos os documentos que estean na súa caixa do correo serán borrados. Se desexa mantelos, deberá acceder á web de METAPOSTA e realizar unha copia no seu ordenador persoal.

  • Desexo darme de baixa en METAPOSTA. Que debo facer?

    Para darse de baixa en METAPOSTA, debe presentar na sede de METAPOSTA, S. A. a solicitude de revogación en que se recolle a seguinte información:

    • Identidade do titular/posuidor de claves da conta.
    • Nome do solicitante da baixa. Información de contacto do solicitante da baixa.

    A solicitude autenticarase de acordo cos requisitos establecidos na Declaración de Prácticas de Contas e Servizos, e METAPOSTA, S. A., que procederá á súa baixa efectiva.

    A solicitude de baixa autenticada, así como a información que xustifica a revogación, é rexistrada e arquivada.

    No caso de que a revogación fose solicitada por persoa distinta do titular, METAPOSTA, S. A. comunicará ao titular da conta esa solicitude de baixa e a causa pola que se leva a cabo. METAPOSTA, S. A. non poderá reactivar unha conta previamente dada de baixa.

    METAPOSTA, S.A.
    Parque Tecnológico de Álava
    Avda. Albert Einstein, 44 - Edif. E6 - Bajo
    Miñano Mayor - 01510 Vitoria-Gasteiz
    Fax: 945 00 84 36

  • Y si no he resuelto mi duda en este apartado de FAQ, ¿cómo puedo resolverla?

Contacta connosco

Atendemos de luns a venres de 9 a 19 h. Podes contactar connosco a través das seguintes canles:

Síguenos en: