Menú

METAPOSTA preséntase en Ficod

20 de novembro, 2010

METAPOSTA, a caixa do correo electrónico e caixa forte en Internet que promove o Plan Euskadi en la Sociedad de la Información presentouse na pasada edición da Feira Internacional de Contidos Dixitais (FICOD), celebrada en Madrid os pasados 16 e 17 de novembro. Despois da presentación do acto por parte do presidente de METAPOSTA e director de Innovación do goberno vasco, Xabier Sabalza, os membros da secretaría técnica de METAPOSTA, Aitor Ourobengoa e Iñaki Suárez, e o director xerente, Aitor Velasco, debullaron nun dos talleres de Ficod as características deste servizo que se porá en marcha nos primeiros meses de 2011.

Suárez e Orobengoa relataron á audiencia a traxectoria de máis de catro anos que viviu METAPOSTA desde que se presentou o proxecto, inspirado no modelo e-Boks de Dinamarca, ata a súa configuración actual. Os responsables técnicos de METAPOSTA lembraron cómo se trata dunha proposta pioneira no Estado, desde as súas calidades de plena legalidade, seguridade absoluta e gratuidade. Así mesmo, explicaron que a iniciativa se inscribe na política de desenvolvemento da administración electrónica no País Vasco e se configura como un elemento tractor no uso de Internet, da notificación/sinatura electrónica e no arquivo electrónico seguro.

No relatorio tamén se informou de que METAPOSTA é unha sociedade anónima con accionistas públicos e privados; e que conta xa co respaldo como emisores da súa documentación a través da súa web de distintas entidades financeiras, empresas de telecomunicacións e de enerxía, así como de institucións vascas.

Este proxecto, que ultima a súa posta en marcha, contará co respaldo da rede de centros KZGunea para a difusión das súas virtudes, con cursos de formación, ademais da posibilidade de dar de alta presencial aos futuros usuarios. As outras dúas posibilidades de converterse en usuario de METAPOSTA, tal e como explicaron os membros da súa secretaría técnica, serán a través de e-DNI ou a tarxeta Izenpe, e a través da inscrición en liña facilitada por entidades financeiras colaboradoras.

Contacta connosco

Atendémoste de luns a venres de 9 a 19 horas a través de calquera das seguintes canles:

Síguenos en: