Menú

Envío de certificados académicos asinados e con CSV

Diplomas e certificados académicos en formato electrónico.

Por que enviar certificados académicos asinados e CSV?

  • Validez legal

    Os certificados académicos asinados electronicamente teñen a mesma validez legal que os asinados á man e entregados en papel.

  • Facilidade de validación

    Ao imprimir un destes documentos, calquera persoa ou entidade poderá comprobar a súa veracidade a través do CSV nesta sección (o URL imprímese xunto ao CSV para que poida avaliarse).

     

Grandes vantaxes para o centro educativo e para o alumnado

Para o centro educativo

O centro educativo seguirá xerando os diplomas da mesma maneira que na actualidade, pero non terá a necesidade de imprimilos. Ao asinar os diplomas electronicamente adquiren validez legal e, ademais, incorpórase un código de verificación segura (CSV) que permite comprobar a súa validez en caso de que sexan impresos.

Ademais, a entrega destes diplomas e certificados académicos farase mediante unha caixa de correo, que lle permitirá ao centro educativo contar cun arquivo dixital ordenado e un rexistro de entrega ao alumno ou alumna

Para o alumnado

Cando un alumno ou alumna recibe na súa caixa de correo o certificado académico, terao gardado na súa bandexa de entrada ou nunha carpeta que crease. Pero tamén o terá visible no apartado «Documentos públicos». Apartado que lle permitirá realizar as seguintes accións: 

- Decidir en calquera momento se o documento é público ou privado. É dicir, que se poida ou non acceder ao documento a través do CSV. 

- Pódese acceder ao CSV mediante un código QR, a través do detalle dispoñible dentro do documento ou imprimindo o documento que levará tanto o código como a web para verificalo.

Principais vantaxes de usar METAPOSTA Delivery

  • Pagamento por envío

    Paga por envío. Sen investimento nin custo de mantemento.
  • Maior comodidade para o emisor e o receptor

    Ti benefíciaste da dixitalización deste proceso e o receptor evita desprazamentos.
  • Cumprimento normativa de protección de datos

    Cumprimento da lexislación vixente en materia de protección de datos sensibles.

Contacta connosco

Atendémoste de luns a venres de 9 a 19 horas a través de calquera das seguintes canles:

Síguenos en: