A app definitiva para recibir, asinar e custodiar documentos.
Con METAPOSTA poderás levar sempre contigo todos os teus documentos importantes. A un clic, de maneira totalmente segura… E gratis!
Recibe e custodia
En METAPOSTA poderás recibir e custodiar documentos conservando a súa validez xurídica plena durante, polo menos, cinco anos. Estes son algúns exemplos de que documentos podes gardar na túa caixa de correo:
Recibos do banco, facturas…
Organizacións como KutxaBank, Laboral Kutxa ou Iberdrola envían as súas comunicacións a través de METAPOSTA.
Nóminas, contratos…
Se a túa empresa aínda non é emisora de METAPOSTA, non te preocupes. Poderás subir e gardar os ficheiros de forma ordenada e segura.
Escrituras, títulos formativos…
Hai documentos que debes conservar sempre. METAPOSTA permíteche telos sempre localizados.
Sinatura de documentos
Se tes un certificado dixital, poderás asinar dixitalmente os documentos que teñas na túa caixa de correo METAPOSTA. A seguir mostrámosche algúns exemplos de documentos que poderás asinar:
Consentimentos
Grazas a METAPOSTA, desde o teu dispositivo móbil poderás asinar documentos, manifestando o teu consentimento ou rexeitamento.
Contratos
METAPOSTA proporciónache unha función, grazas á cal poderás asinar un contrato de traballo desde o teu dispositivo móbil.
Partes de horas, vacacións…
Se precisas asinar un parte de hora e non podes desprazarte á túa empresa, con METAPOSTA podes facelo desde o teu dispositivo móbil.
Estas son algunhas das entidades que envían a través de METAPOSTA
Con METAPOSTA mantén os teus documentos importantes sempre ao día.
Ordena os teus documentos en cartafoles
Pon etiquetas, regras… que che axuden a teres sempre ordenados e localizados os teus documentos.
Comunicacións de entrada e saída cifradas
Toda a túa información permanecerá cifrada e segura no noso sistema. Ninguén terá acceso aos teus documentos excepto ti.
Accede aos teus documentos en calquera momento
Os teus documentos estarán sempre accesibles desde a app ou desde a nosa web. Nunca máis perderás ese resgardo de garantía ou tícket de compra.
Contacta connosco
Atendémoste de luns a venres de 9 a 19 horas a través de calquera das seguintes canles:
GA Este sitio web utiliza archivos cookies proprios y de terceros para mejorar nuestros servicios y adaptar el sitio web a sus hábitos de navegación. Si continúa navegando se entenderá que acepta su uso. Más información sobre el uso de cookies.