Menú

O Pack Pyme de Metaposta, finalista nos premios Fundetec

27 de xaneiro, 2012

A aplicación «Pack Pyme» de METAPOSTA resultou escollida finalista nos premios Fundetec 2011 na categoría de mellor proxecto de entidade non-lucrativa destinado a pemes, microempresas e autónomos. O «Pack Pyme» é unha aplicación deseñada por METAPOSTA destinada á pequena e mediana empresa, e institucións e entidades intermedias (pequenos concellos, federacións deportivas etc.), co fin de aforrar custos no envío de documentación a clientes e empregados. A aplicación é gratuíta, só se paga polos documentos enviados, e permite un aforro de ata o 80 % con respecto ao correo postal ordinario. Co «Pack Pyme», calquera empresa pode enviar as nóminas aos seus empregados e as facturas electrónicas aos seus clientes ou os pedidos aos seus provedores desde METAPOSTA, con total seguridade en liña e confidencialidade.

Fundación Fundetec para el Desarrollo Infotecnológico de Empresas y Sociedad centra a súa función na análise, fomento, divulgación e dinamización do acceso ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) por parte de cidadáns, empresas e institucións. Nesta sétima edición de premios Fundetec, a fundación mantén o seu ideal de recoñecer aquelas accións que impulsan o desenvolvemento da Sociedade da Información e o uso das TIC por parte de cidadáns e pemes.

En total, 229 proxectos procedentes de 16 comunidades autónomas (10 deles de Euskadi) optaron a estes premios de gran relevancia no eido da Sociedade da Información a nivel nacional. De todos os proxectos, sairán catro gañadores elixidos por un xurado composto por personalidades de recoñecido prestixio no contorno da Sociedade da Información. Os galardoados daranse a coñecer durante a cerimonia de entrega de premios que terá lugar o 9 de febreiro en Madrid e emitirase en streaming vía web: www.premiosfundetec.com.

Contacta connosco

Atendémoste de luns a venres de 9 a 19 horas a través de calquera das seguintes canles:

Síguenos en: