Menú

Corporación Mondragón aposta por METAPOSTA

28 de marzo de 2012

Co gallo do primeiro aniversario da posta en marcha de METAPOSTA, o Departamento de Industria, Innovación, Comercio e Turismo do Goberno Vasco e Corporación MONDRAGÓN asinaron un acordo polo que Corporación MONDRAGÓN poñerá en marcha un plan de implantación de METAPOSTA nas empresas, centros educativos e outras entidades que conforman Corporación Mondragón, o grupo empresarial máis importante de Euskadi.

O acordo foi asinado polo conselleiro de Industria, Innovación, Comercio e Turismo, Bernabé Unda, e polo presidente do Consello Xeral de Corporación MONDRAGÓN, José María Aldecoa, e prevé o desenvolvemento dun conxunto de accións tendentes a impulsar a utilización do sistema METAPOSTA por parte das cooperativas e dos socios-traballadores da corporación.

As accións previstas neste acordo Metaposta-Mondragón Corporación inclúen:

  • Comunicacións institucionais aos órganos de xestión das cooperativas e aos seus socios-traballadores.
  • Adopción do servizo por parte das cooperativas, por socios-traballadores e por entidades de relevancia da corporación (centro corporativo, divisións de negocio, centros de investigación, cooperativas con maior significado histórico ou económico).
  • Accións informativas para amosar na práctica as características de METAPOSTA nas cooperativas.
  • Labores de integración de diversas aplicacións de xestión para remitir documentos a través de METAPOSTA.

A través do plan, Corporación MONDRAGÓN pretende facer extensivas ás cooperativas e aos seus socios as vantaxes ofrecidas polo sistema gratuíto de caixa do correo e caixa forte electrónica en Internet de METAPOSTA, así como os aforros resultantes da súa adopción.

A sociedade METAPOSTA, constituída en 2010, está composta por oito socios, entre os que participa Corporación MONDRAGÓN a través de Mondragón Inversiones, xunto a Ezten (fondo de capital risco da SPRI e o goberno vasco a través do seu Departamento de Industria, Innovación, Comercio e Turismo), EJIE (sociedade informática do goberno vasco, dependente do Departamento de Xustiza e Administración Pública), as Cámaras de Comercio de Bilbao, Guipúscoa e Álava, a Corporación Tecnalia e a firma de mercadotecnia directa Gupost.

Alén de colaborar no lanzamento do sistema METAPOSTA e participar no capital social, tres das cooperativas máis importantes e significativas de Mondragón Corporación —Caja Laboral, Eroski e Seguros Lagun Aro— exercen como entidades adheridas e envían a súa documentación a través de METAPOSTA.

O acordo inscríbese dentro das accións previstas polo goberno vasco para que METAPOSTA atinxa a finais do presente ano os 100 000 usuarios e para que os emisores de primeira orde cheguen aos 25 e que 75 empresas ou institucións empreguen este servizo que supón ata un 80 % de aforro no custo do envío de documentos.

Contacta connosco

Atendémoste de luns a venres de 9 a 19 horas a través de calquera das seguintes canles:

Síguenos en: