Que é Metaposta?

Que é Metaposta?

METAPOSTA é unha caixa forte en Internet dotada de valor probatorio legal en que se poden almacenar documentos de interese persoal e que asume o papel de caixa do correo electrónica.

Características e funcións:

  • METAPOSTA é unha Caixa forte electrónica en Internet.
    • METAPOSTA é unha «caixa do correo e caixa forte en Internet» en que se almacenan documentos de interese persoal. O fundamento principal do sistema é o almacenamento seguro e perenne daqueles documentos aos que cidadáns e empresas outorgan un alto valor e que, en consecuencia, desexan almacenar nun espazo persoal electrónico e… por duplicado. Noutras palabras, faculta o arquivado legal daqueles documentos que o cidadán ou a empresa confía á caixa forte electrónica con intención de perennidade.
    • As funcións de arquivado electrónico seguro (caixa forte electrónica) de METAPOSTA permiten o almacenamento seguro de documentos persoais de relevancia legal que os cidadáns e as empresas desexen depositar para efectos de conservación prolongada. O usuario ten a posibilidade de dispor e acceder a todos estes documentos de forma segura e gratuíta, e evitar perdas e posibilitar un almacenamento eficaz.
  • METAPOSTA é unha Caixa do correo en Internet.
    • METAPOSTA é un servizo que permite recibir correo postal en formato dixital nun caixa do correo electrónico en Internet. Cada persoa individual ou colectiva pode ter, a través de METAPOSTA, unha caixa forte en Internet que faga a función de caixa do correo postal electrónico, é dicir, un repositorio electrónico único que permite a recepción de correo durante toda a vida ou existencia xurídica directamente na caixa forte.
    • METAPOSTA é o consolidador deste correo postal clásico, que promoven o vínculo entre os emisores e os destinatarios, e asume no mundo electrónico o mesmo papel que unha caixa de correo tradicional.
  • METAPOSTA conta con valor vegal probatorio.
    • METAPOSTA conta con todas as vantaxes outorgadas pola Lei á Sinatura Electrónica Recoñecida: autenticidade, integridade, confidencialidade, non-repudio. Todo iso tradúcese en:
      • Garantía da natureza das mensaxes confiadas ao sistema.
      • Certeza na identidade do emisor e do receptor de toda mensaxe ou documento confiado.
      • Certeza na emisión e recepción de toda mensaxe ou documento confiado.
    • METAPOSTA conta con valor probatorio legal: é dicir, para efectos dos usuarios e emisores, todo aquilo que acontece en METAPOSTA é legalmente válido e pode ser utilizado como referencia ou proba legal.
    • As mensaxes e documentos almacenados en METAPOSTA constitúen unha proba legal.
    • METAPOSTA garante o almacenamento e custodia legal de documentos, e permite establecer e garantir para cada tipo de documento un nivel de criticidade/relevancia e un período legal de validez.
    • METAPOSTA pode actuar como rexistro telemático público para efectos da documentación remitida e depositada no sistema.
    • METAPOSTA ofrece mecanismos de notificación electrónica.
    • As comunicacións entre os emisores e entre os sistemas internos de METAPOSTA realízanse mediante estándares de mensaxería certificada.
  • METAPOSTA é único e universal.
    • METAPOSTA é único. METAPOSTA ten vocación de converterse no único lugar para os seus usuarios e usuarias onde depositar os seus documentos relevantes en formato dixital. Os códigos de acceso ao repositorio son persoais e non poden ser divulgados a terceiros.
    • METAPOSTA é universal e para todos: empresas, particulares, organismos públicos sen límites xeográficos.
  • METAPOSTA garante a liberdade de escoller.

    O titular ten toda a liberdade de seleccionar os emisores dos que recibir documentos a través de METAPOSTA, así como de darse de baixa dos mesmos ou do servizo METAPOSTA.

  • Con METAPOSTA sempre ao día.

    METAPOSTA permite decatarse ao momento da chegada de novos documentos. O titular dunha conta METAPOSTA pode pedir que se lle envíe unha mensaxe a un enderezo de correo electrónico persoal avisando da chegada dun novo documento á súa caixa de correo METAPOSTA.

  • METAPOSTA é ilimitado e perenne..
    • METAPOSTA achega todas as características dun arquivado electrónico perenne:
      • Arquivo vitalicio.
      • Utilización de formatos universais e perennes.
      • Intelixibilidade do documento sobre a base de estándares internacionais.
      • Arquivado de documentos electrónicos nativos ou achegados a METAPOSTA polo titular.
      • Os documentos almacénanse cifrados.
  • METAPOSTA é fácil, simple e cómodo.
    • É fácil. METAPOSTA permite a visualización do correo con toda comodidade en calquera lugar, a partir dun ordenador ou dun dispositivo móbil.
    • É simple na recepción e no almacenamento de mensaxes e documentos de procedencia dispar: un só sistema para tratar mensaxes en proveniencia de moitas institucións e empresas.
    • É cómodo:
      • Pode recibir o seu correo postal tradicional por medios dixitais.
      • Pode recibir as súas facturas.
      • Pode recibir o seu correo en formato dixital, a calquera hora e en calquera lugar.
    • Achega todas as vantaxes achegadas por Internet: fluidez, facilidade de acceso, servizo, rapidez, acceso local ou a distancia.
  • METAPOSTA ofrece organización persoal e familiaridade no almacenamento dos documentos.
    • METAPOSTA ofrece xestión documental personalizada, de maneira que cada usuario/a poida organizar os seus documentos a conveniencia (abrindo cartafoles, arquivando e etiquetando documentos).
    • Flexibilidade ante cambios na vida. Os documentos almacenados en METAPOSTA están ligados ao DNI do/a usuario/a. Iso significa que METAPOSTA gardaraos toda a vida, independentemente de cambio de enderezo etc.
  • METAPOSTA é rápido.

    Permite unha restitución veloz da información almacenada. O sistema METAPOSTA estará preparado para ofrecer os seguintes tempos de resposta:

    • Acceso a un documento PDF: visualización do documento PDF en menos de tres segundos.
    • Operacións en cartafoles e transferencia de documentos entre cartafoles: en menos de dous segundos.
  • METAPOSTA é un sistema seguro.
    • O funcionamento de METAPOSTA é garantido por sistemas informáticos públicos e non se acepta ningunha explotación comercial
  • METAPOSTA é gratuíto.

    A inscrición e utilización dos servizos METAPOSTA non ten custo para o/a usuario/a. O custo é soportado polos emisores que emiten as mensaxes e os documentos, do mesmo xeito que ocorre co correo tradicional.

  • METAPOSTA conta cun amplo respaldo institucional.
  • METAPOSTA é accesible.
    • É un servizo dispoñible 24 horas ao día, 7 días á semana, 365 días ao ano.
    • As mensaxes e os documentos poden ser consultados, desde calquera lugar por medio de calquera dispositivo conectado a Internet.
    • A web www.metaposta.com é accesible e cumpre cos estándares do Consorcio W3C, no seu nivel AA e, naqueles apartados onde non se cumpren esas premisas, está pertinentemente notificado.

METAPOSTA é un proxecto influenciado por tendencias establecidas en numerosos proxectos de «páxina persoal» que están sendo desenvolvidos por diversos países.

Entre eles destacamos: