Metaposta envía no seu primeiro ano máis de 700 000 documentos a 12 000 usuarios

Metaposta envía no seu primeiro ano máis de 700 000 documentos a 12 000 usuarios

23/Feb/2012

Mon, 02/12/2018
23 de febreiro de 2012

METAPOSTA celebra o seu primeiro aniversario con máis de 12 000 usuarios e 13 emisores en activo que ata a data enviaron máis de 700 000 documentos. «METAPOSTA incide directamente na mellora da competitividade, con beneficios tanto para a cidadanía coma para as administracións e as empresas», sinalou o conselleiro de Industria, Innovación, Comercio e Turismo, Bernabé Unda, na rolda de prensa de balance do primeiro ano de METAPOSTA, en que estivo acompañado do presidente de Metaposta e viceconselleiro de Innovación e Tecnoloxía, Juan Goicolea, e o director de METAPOSTA, Aitor Velasco.

METAPOSTA permite recibir con total seguridade e confidencialidade os documentos que envían as entidades financeiras, as compañías eléctricas ou telefónicas ou a Administración. Pola mesma razón, é unha proposta única ata agora nas comunicacións por Internet en Euskadi e no resto de España. Ademais, permite subir documentos dixitalizados de importancia para o cidadán co fin de conservalos nun lugar seguro e coa posibilidade de asinalos electronicamente. Neste sentido, cómpre destacar que os usuarios de METAPOSTA subiron 20 000 documentos en total ás súas caixas do correo. De todos estes documentos, un 10 % foron asinados en METAPOSTA grazas ao certificado dixital. E moitos outros chegaron á caixa forte coa sinatura electrónica incorporada.

«A colaboración público-privada é fundamental para o éxito dun servizo coma este, innovador e futuro», apuntou Unda. E así aconteceu xa que, no nacemento de METAPOSTA, se atopa a alianza estratéxica do goberno vasco coas principais entidades financeiras vascas, á que se sumaron compañías de enerxía, operadores telefónicos ou consorcios de augas. METAPOSTA naceu en febreiro de 2011 coa BBK, Kutxa, Caja Vital, Caja Laboral, Ipar Kutxa e Bankoa emitindo as súas comunicacións. Axiña se incorporaron Seguros Lagun Aro, Euskaltel, Eroski Móvil e Iberdrola. Tamén envían as súas facturas o Consorcio de Aguas Bilbao Bizkaia, Aguas Muncipales de Vitoria (Amvisa) ou Servicios de Txingudi. De este xeito, o 65 % dos cidadáns vascos xa pode recibir o 75 % das comunicacións habituais a través de METAPOSTA.

Durante o seu primeiro ano de vida, METAPOSTA acudiu convidada aos principais foros tecnolóxicos e de Internet de España, como á Feira Ficod 2011, a Feira SITIAslan 2011 (en que obtivo o premio ao mellor caso de éxito no eido da Administración autonómica) o Congreso Ciudadanía Digital 2011 ou a Euskal Encounter 2011. Tamén resultou finalista dos premios Fundetec 2011, considerados os Óscares da Tecnoloxía en España, e acaba de gañar o premio Dintel ao mellor proxecto de cloud computing.

Guipúscoa, o máis conectado

Tal e como detallou o director de METAPOSTA, Aitor Velasco, dos 12 000 usuarios que agora empregan METAPOSTA, Guipúscoa é o territorio onde mellor se implantou cun 38 % dos usuarios, a mesma porcentaxe que Biscaia, aínda que este territorio é o máis poboado, mentres que o 22 % de quen se deu de alta en METAPOSTA o fixo en Álava. METAPOSTA conta tamén con centos de usuarios no resto de España, sobre todo en Navarra, Barcelona e Madrid. A maioría dos usuarios son homes (o 74 %) e a maioría (o 80 %) ten entre 25 e 60 anos.

Por cuestións de seguridade, o proceso de alta en METAPOSTA non é sinxelo. Lembramos que existen actualmente tres formas de se dar de alta: banca en liña, presencial (cunha persoa acreditada por Metaposta) e con certificado dixital. O proceso para darse de alta, co fin de crear e manter un sistema seguro e confidencial, é unha das claves de que as entidades financeiras e as compañías de servizos aposten por METAPOSTA.

Por outra banda, METAPOSTA desenvolveu neste primeiro ano de vida máis de 70 evolutivos para mellorar o seu servizo. Paga a pena destacar tres:

O Pack Pyme

METAPOSTA deseñou o Pack Pyme, que se puxo en marcha o pasado mes de outubro, unha ferramenta gratuíta, unha aplicación fácil de instalar destinada á empresa e a outras organizacións (pequenos concellos, asociacións) que remiten documentación e que (porque non contan cos medios técnicos e humanos) non se poden permitir integracións con METAPOSTA da entidade que requiren grandes emisores de METAPOSTA.

O obxectivo do desenvolvemento do PACK PYME busca e conseguiu a creación dun aplicativo común con eses potenciais emisores que lles permite, sen ningún desenvolvemento, o envío de documentos a METAPOSTA. Desde a súa saída comercial, o pasado 27 de setembro, puido comprobarse de feito como motivou a atención en diversos ámbitos: desde as propias empresas ás que ía destinado como aplicación para o uso do envío de nóminas e facturas, ata o interese en empresas de xestión documental que o ven como un aplicativo extra para os seus programas, sen esquecer asociacións de todo tipo e concellos de mediano tamaño.

Aplicacións para móbiles

METAPOSTA conta con cadansúas aplicacións para iPhone e Android, desenvolvidas a finais de 2011, mentres que para 2012 se preparan as aplicacións para Blackberry e Java, en que é unha aposta clara de desenvolvemento do sistema METAPOSTA para que se poida consultar o servizo en calquera dispositivo con acceso a Internet. Ata a data, o número de descargas das apps de METAPOSTA supera as 1500.

Notificación electrónica

O último despregamento do sistema METAPOSTA estase desenvolvendo hoxe, 23 de febreiro, co que se porá en marcha o evolutivo máis importante e beneficioso para emisores e usuarios, a notificación electrónica, polo que institucións e empresas poderán enviar notificacións legais vía Internet a aqueles usuarios que así o desexen expresamente.

Obxectivos 2012

METAPOSTA propúxose que, a finais de 2012, o número dos usuarios atinxa os 100 000, que os emisores de primeira orde cheguen aos 25 e que 75 empresas ou institucións utilicen o pack pyme, se se mantén a tendencia actual de apoio do goberno vasco e accionistas no impulso do servizo e o apoio das entidades emisoras e empresas en difundir o servizo entre empregados e clientes.