Política de accesibilidade

Política de accesibilidade

A accesibilidade trata de evitar certas barreiras a aquelas persoas que, polo seu grao de discapacidade, non poden acceder a certa información.

METAPOSTA é consciente da importancia da accesibilidade e usabilidade da súa web www.metaposta.com e, por esta razón, utiliza as tecnoloxías estándar establecidas polo W3C e segue as Directrices de Accesibilidade WAI 1.0 no seu nivel AA.

O proxecto desexa que os seus contidos sexan graficamente atractivos, así que se pode atopar algún elemento cuxa función é meramente decorativa.

Se vostede atopa algún problema de accesibilidade ou quere facer algún comentario ou suxestión sobre esta materia, non dubide en contactar connosco: www.metaposta.com/gl/atencion-ao-usuario.

Na páxina de inicio hai un vídeo resumo sobre METAPOSTA. Para todos os usuarios que non teñan acceso ao contido do vídeo da páxina de inicio hai unha transcrición do mesmo.

Cumprimento con estándares de accesibilidade

Todas as páxinas de www.metaposta.com ata entrar na túa conta METAPOSTA cumpren coas pautas de accesibilidade ou principios xerais de deseño accesible, nivel AA, establecidas polo grupo de traballo WAI pertencente ao W3C.

O deseño visual realizouse baixo a recomendación do W3C sobre as follas de estilo en cadoiro, Nivel 2 (CSS2).

Se o navegador ou dispositivo de navegación non admite follas de estilo, o contido da web segue sendo totalmente lexible grazas á súa estrutura.

Guía de uso

A continuación incluímos unhas breves guías para quen visita por primeira vez esta web.

Como podo orientarme?

A páxina de inicio de www.metaposta.com consta de tres menús:

Menú superior:
Situado na parte superior, facilita a navegación polos contidos de información básica da web e as opcións para cambio de idioma.
Menú vertical esquerdo:
Este menú recolle as seccións máis divulgativas de toda a web onde se mostran cuestións importantes para coñecer a fondo METAPOSTA.
Menú inferior:
Accesibilidade: axuda á navegación, é a sección en que se atopa neste momento; Mapa web: proporciona unha visión xeral de toda a web; Nota legal e política de privacidade.

Como entrar na túa conta METAPOSTA?

Podes elixir dúas formas de entrar na túa conta METAPOSTA:

Versión estándar.
Para utilizar esta opción cómpre que teñas activado o javascript do teu navegador.
Versión HTML básico.
Esta versión segue as directrices de accesibilidade WAI 1.0 no seu nivel AA.

Ordenación de navegación

Para favorecer a navegación mediante teclado, deseñouse a páxina para que o tabulador siga unha orde lóxica dos contidos da páxina web.

Atallos de teclado (accesskeys):

Habilitáronse atallos de teclado que axilizan a navegación pola páxina web. Para poder utilizar estes atallos, pódense utilizar as seguintes combinacións de teclas:

Para Internet Explorer PC:
ALT + Tecla de atallo de teclado + Tecla INTRO
FireFox PC:
ALT + MAIÚSCULAS + Tecla de atallo de teclado
Para Opera PC:
MAIÚSCULAS + ESC + Tecla de atallo de teclado
Para MacOS FireFox e Safari:
CONTROL + Tecla de atallo de teclado

As teclas de atallo utilizadas para navegar pola web son:

Tecla 1:
Ir a Menú superior
Tecla 2:
Ir Darse de alta
Tecla 3:
Ir a Usuario: acceso a METAPOSTA
Tecla 4:
Ir a Menú vertical esquerdo
Tecla 5:

Ir a Noticias
Tecla 6:
Ir a Contido
Tecla 7:
Ir a Menú inferior

Atallos de teclado da túa conta METAPOSTA versión html básico:

Tecla 1:
Ir a Cartafoles
Tecla 2:
Ir a Caixa de entrada
Tecla 3:
Ir Personalizar a miña conta
Tecla 4:
Ir a Saúdo
Tecla 5:
Ir a Menú de opcións
Tecla 6:
Ir a Contido principal
Tecla 7:
Ir a Menú inferior

Podo cambiar o tamaño do texto?

A web non utiliza un tamaño absoluto de fonte, senón que definiu tamaños relativos que permiten ao usuario modificalas en función das súas necesidades, utilizando as opcións do seu navegador para seleccionar un tamaño maior ou menor do texto.