Metaposta Empresa

Metaposta Empresa

METAPOSTA constatou a existencia dunha serie de potenciais EMISORES que poderían utilizar o seu servizo, pero que non contan cos medios técnicos e humanos para realizar os desenvolvementos que lles permitirían usar METAPOSTA como actualmente o fan outros emisores (BBK, Iberdrola, Euskaltel…).

Para iso, deseñou o Metaposta Empresa, unha aplicación destinada á pequena e mediana empresa e institucións e entidades intermedias (pequenos concellos, federacións deportivas etc.) que permitirá unha mellor interacción por Internet coas súas organizacións.

Co Pack Pyme poderás:

  • Enviar comunicacións aos teus empregados.
  • Enviar documentación confidencial aos teus clientes e provedores, mesmo á Administración.

A alta neste servizo como emisor será gratuíta. Só se pagará polos documentos enviados.

Beneficios para as empresas

  • Espazo seguro para gardar a documentación empresarial.
  • Aforro de custos.

Calquera empresa pode darse de alta en METAPOSTA de balde e gardar toda a documentación importante que suba ou que reciba na súa caixa forte segura en Internet. Ademais, co Metaposta Empresa, tamén poderá enviar, de forma sinxela, a través de METAPOSTA.

Características

  • Doado de usar. O aplicativo Metaposta Empresa non está destinado a ser usado por persoal técnico, polo que se trata dun aplicativo intuitivo e de fácil manexo por parte de usuarios familiarizados coa utilización de ordenadores, aínda que non co desenvolvemento de aplicacións.
  • Aplicación autoinstalable.
  • A aplicación pode executarse en Linux, Windows XP, Windows Vista e Windows 7.
  • Envíos seguros. Cada lote de documentos é validado previamente pola aplicación e enviado a través dun canal seguro a METAPOSTA para a súa distribución.

Tarifas

Custo da comunicación en euros (sen IVA):

  • 0Kb - 300Kb: 0,11€
  • 300Kb - 600Kb: 0,18€

Interésame o Metaposta Empresa. Que fago?

Cubre o seguinte formulario ou chama ao 902 540 540.

Datos da empresa

Datos do representante da empresa

METAPOSTA poñerase en contacto contigo o máis cedo posible.