METAPOSTA estrea web

METAPOSTA estrea web

15/Dec/2011

Mon, 02/12/2018
15 de decembro, 2011

METAPOSTA estrea a súa nova web, máis dinámica, áxil e diáfana, coa que tratamos de responder ás necesidades dos nosos milleiros de usuarios, despois de dez meses de andadura. Neste tempo, desde aquel 16 de febreiro de 2011 cando Metaposta presentou o seu servizo, METAPOSTA sumou novos emisores, puxo a disposición das empresas o pack pyme, unha aplicación para enviar documentos a través de METAPOSTA. Así mesmo, tamén se pode consultar a caixa do correo no móbil grazas ás aplicacións para iPhone e Android (en breve chegarán as de Blackberry e Java)… Moitas noticias, moitas novidades que requirían unha web que respondese á cada vez maior interacción cos nosos usuarios.

Iso si, sen perder de vista a seguridade e a confidencialidade, principais valores do noso servizo gratuíto, que se manteñen intactas, xa que cambiamos a fachada, pero a caixa do correo e caixa forte de METAPOSTA se manteñen coas súas virtudes. E suma unha máis, ao mesmo tempo que METAPOSTA cambia a súa imaxe. METAPOSTA puxo en marcha un servizo de información que chegará en forma de breve boletín ao cartafol de avisos para comunicar todas as nosas novidades.