METAPOSTA sortea entradas para os partidos dos clubs vascos de baloncesto

METAPOSTA sortea entradas para os partidos dos clubs vascos de baloncesto

07/Nov/2011

Mon, 02/12/2018
7 de novembro, 2011

A iniciativa forma parte dos acordos alcanzados con Caja Laboral Baskonia, Bizkaia Bilbao Basket e Lagun Aro Gipuzkoa Basket Club para colaborar no seu patrocinio durante a tempada 2011-2012.

A imaxe de METAPOSTA asociouse desde esta tempada 2011-2012 aos tres clubs de baloncesto vasco. No que é un paso máis na difusión no noso servizo de caixa do correo electrónica e caixa forte en Internet, METAPOSTA apoia os equipos de baloncesto, un dos deportes populares que conserva os auténticos valores da competición deportiva.

Á vez que o noso logotipo se incorpora á paisaxe dos estadios de Caja Laboral Baskonia, Bizkaia Bilbao Basket e Lagun Aro Gipuzkoa Basket Club, e se transmite a través de televisión ou aparece nas páxinas deportivas dos xornais, METAPOSTA quere impulsar as relacións cos seus usuarios e seguidores nas redes sociais coa posta en marcha do sorteo de dúas entradas (polo menos) por partido e club. Así, os afeccionados dos tres equipos vascos que xogan na Liga ACB e os dous que tamén o fan na Eurocopa contarán coa posibilidade de asistir aos encontros, ao mesmo tempo que estreitan a súa relación con METAPOSTA.

Comezamos a sortear entradas dobres (para que vaias cun acompañante) de todos os partidos dos tres equipos. Se queres as túas entradas, estate atento ás nosas redes sociais; son moitos sorteos e é moi doado participar.

Facebook de METAPOSTA: http://www.facebook.com/metaposta

Twitter de METAPOSTA: http://twitter.com/metaposta