Nota legal

Nota legal

Os presentes aviso e información legal (en diante, o «Aviso legal») regulan o uso do servizo do portal de Internet «www.metaposta.com» (en adiante, o «Portal») que METAPOSTA, S. A. (en diante, «METAPOSTA»), pon á disposición dos usuarios de Internet.

A navegación e consulta das páxinas do portal así como dos servizos ofrecidos implican a aceptación das condicións xerais que se describen a continuación.

Condicións de utilización do portal

O usuario comprométese a utilizar o portal e os seus servizos de conformidade coa lei e o presente aviso legal.

Para ese efecto, o usuario absterase de utilizar calquera dos servizos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos no presente aviso legal, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera modo poidan danar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a habitual utilización dos servizos, equipos informáticos, documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático de METAPOSTA, ou de calquera usuario de Internet.

O contido das páxinas web do portal (incluíndo sen límites, as imaxes, textos, marcas, nomes comerciais, logotipos e demais contidos audiovisuais) é, salvo indicación en contrario, propiedade intelectual de METAPOSTA ou de terceiros.

METAPOSTA é titular de todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual sobre estas páxinas web, e o acceso ás mesmas ou a súa utilización, por parte dos usuarios, non debe considerarse, en ningunha forma, como o outorgamento de ningunha licenza de uso ou dereito sobre calquera elemento cuxa titularidade ou propiedade corresponda a METAPOSTA.

Prohíbese a copia, duplicación, redistribución, comercialización ou calquera outra actividade que se poida realizar cos contidos destas páxinas web nin acceso citando as fontes, salvo consentimento expreso e por escrito de METAPOSTA.

Toda a información que o usuario facilite por medio dos servizos deberá ser veraz. O usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique como consecuencia de cubrir os formularios necesarios para a subscrición dos servizos. Será responsabilidade do usuario manter toda a información facilitada a METAPOSTA permanentemente actualizada.

Os menores de idade, para poder utilizar os servizos, deben obter previamente permiso dos seus pais, titores ou representantes legais, quen serán considerados responsables dos actos realizados polos menores ao seu cargo.

Para calquera consulta ou notificación, non dubide en contactar connosco utilizando a sección de contacto do portal ou enviando unha mensaxe de correo electrónico a metaposta@metaposta.com.

A remisión de calquera notificación suporá a aceptación da política de privacidade.

METAPOSTA poderá retirar ou suspender sen necesidade de previo aviso e en calquera momento a prestación dos servizos a aqueles usuarios que incumpran o establecido no presente aviso legal.

Exclusión de garantías

METAPOSTA resérvase o dereito a actualizar e modificar a información contida no portal en calquera momento e de limitar e impedir o seu acceso de xeito temporal ou definitiva cando o estime oportuno.

METAPOSTA non garante a privacidade e seguridade do uso do portal e dos servizos e, en particular, non garante que terceiros non autorizados poidan ter coñecemento da natureza, condicións, características e circunstancias do uso que os usuarios fan tanto do portal e como dos seus servizos.

METAPOSTA non garante a licitude, fiabilidade, utilidade, veracidade, exactitude, exhaustividade e actualidade dos contidos ou os servizos.

METAPOSTA non controla nin garante a ausencia de virus nin doutros elementos nos servizos prestados por terceiros a través do portal que poidan producir alteracións no seu sistema informático ou nos documentos electrónicos e ficheiros almacenados.

O portal pon a disposición dos usuarios dispositivos técnicos de enlace tales como, entre outros, ligazóns, faixas, botóns, directorios e ferramentas de busca que permiten aos usuarios acceder a sitios web pertencentes e/ou xestionados por terceiros (en diante, «Sitios enlazados»). A instalación destes enlaces no portal ten como único obxectivo facilitar aos usuarios a busca e acceso á información, contidos e servizos dispoñibles en Internet.

Os resultados de ferramentas de busca son proporcionados directamente por terceiros, polo que METAPOSTA non pode controlar os resultados.

METAPOSTA declina toda responsabilidade que se derive do intercambio de información entre usuarios a través das súas páxinas web. A responsabilidade das manifestacións difundidas nas súas páxinas web corresponde a quen as realizan.

Os usuarios das páxinas web de METAPOSTA, obríganse a utilizalas con respecto ás leis e aos usos de tráfico e responden fronte a METAPOSTA ou fronte a terceiros de calquera danos e perdas que poidan ocasionarse como consecuencia do incumprimento da citada obrigación.

Protección de datos persoais

Para utilizar algúns dos servizos, os usuarios deben proporcionar previamente a METAPOSTA certos datos de carácter persoal (en diante, os «datos persoais»). METAPOSTA tratará automatizadamente os datos persoais coas finalidades e baixo as condicións definidas na Política de Protección de Datos.

Os datos de carácter persoal poderán modificarse en calquera momento desde a sección Os meus datos do portal.

METAPOSTA utiliza cookies cando un usuario navega polos sitios e páxinas web do portal. As cookies que se poidan utilizar nos sitios e páxinas web do portal asócianse unicamente co navegador dun ordenador determinado e non proporcionan por si o nome e apelidos do usuario. Grazas ás cookies, resulta posible que METAPOSTA recoñeza o idioma utilizado polo usuario, así como os navegadores dos usuarios rexistrados despois de que estes se rexistrasen por primeira vez, sen que teñan que rexistrarse en cada visita para acceder ás áreas e servizos reservados exclusivamente a eles. As cookies utilizadas non poden ler os arquivos cookie creados por outros provedores. O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedir a instalación de cookies no seu disco ríxido. Para ampliar a súa información ao respecto, cómpre que consulte as instrucións do seu navegador. Para utilizar o portal, resulta necesario que o usuario permita a instalación das cookies enviadas por METAPOSTA.

As cookies que se utilizan nos sitios e páxinas web do portal poden ser servidas por METAPOSTA, en cuxo caso se serven desde os distintos servidores operados por estas, ou desde os servidores de determinados terceiros que nos prestan servizos e serven as cookies por conta de METAPOSTA. Sempre que non active a opción que impide a instalación de cookies no seu disco duro, o usuario poderá explorar o seu disco duro seguindo a axuda do seu sistema operativo.

METAPOSTA adoptou os niveis de seguridade para a protección dos datos persoais legalmente requiridos e tratará de instalar outros medios e medidas técnicas de protección adicionais. No entanto, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

Lexislación aplicable

O Aviso Legal réxese en todos e cada un dos seus extremos pola lexislación española.