
Os envíos da túa empresa a través de METAPOSTA
METAPOSTA ofrece ás empresas unha aplicación de sinxela instalación e manexo para realizar envíos a través do seu sistema: o Pack Pyme.
Coa aplicación Pack Pyme, as empresas poden enviar as nóminas e outras comunicacións aos seus empregados, ou a documentación confidencial aos seus clientes e provedores ás súas caixas do correo en METAPOSTA.
Se queres usar o Pack Pyme na túa empresa, podes enviarnos unha mensaxe electrónica a metaposta@metaposta.com ou chamarnos ao 902 540 540. Facilitarémosche o formulario que deberás encher e a información necesaria para a súa configuración. A instalación da aplicación é totalmente gratuíta e poderás descargala desde a nosa web sen necesidade de persoal técnico.