Localización

Localización

Localización física de METAPOSTA e dos seus sistemas informáticos.

Os documentos en METAPOSTA consérvanse replicados por seguridade en dous sistemas informáticos propiedade de METAPOSTA situados no Centro de Procesamento de Datos (CPD) de EJIE, a empresa de servizos informáticos do goberno vasco, e no propio edificio da sede do goberno vasco en Lakua (Vitoria-Gasteiz). Co propósito de ofrecer a maior fiabilidade e dispoñibilidade posible, os dous sistemas informáticos están unidos a través de redes de fibra óptica.

EJIE é a prestameira dos servizos informáticos e de telecomunicación do goberno vasco e responsable do desenvolvemento do Plan Estratégico de Administración y Gobierno Electrónicos. O CPD de EJIE e do goberno vasco proporcionan un dos espazos de maior seguridade informática do contorno, e garante, así mesmo, que os datos que alberga METAPOSTA se atopan nun lugar neutro.