
Identidade corporativa
Desde que se puxo en marcha o proxecto dunha caixa forte en Internet, buscouse para a súa denominación un concepto que puidese ter significado en éuscaro, castelán, catalán, galego e inglés. De tales esforzos, a marca «METAPOSTA» nace por combinación de dous termos de diferente orixe con presenza con distintos significados en linguas que van do grego ao éuscaro, pasando por todo o tronco indoeuropeo.
En éuscaro «meta» é unha morea de palla situada, habitualmente, nos pradairos ou nas proximidades dos caseríos. Trátase dun termo «meta» cunha connotación extraordinariamente positiva, vinculada á provisión ou á preparación do futuro. Pero tamén se trata dun prefixo de orixe grega que significa «máis alá» e que se incorpora en palabras como metafísica, metáfora ou metamorfose.
«Posta» é unha palabra que procede do italiano. En castelán fai referencia «ao conxunto de cabalerías previdas nos camiños a distancia de dúas ou tres leguas para que os correos vaian con toda dilixencia dunha parte a outra». Da súa función vinculada ao transporte de correo nace o concepto «servizo postal», concepto ese moi vinculado aos propósitos do sistema METAPOSTA.
Metaposta confórmase ademais coma un neoloxismo que ten as súas correspondencias moi semellantes nas principais linguas europeas: