DNIe

METAPOSTA colabora con Red.es no apoio ao uso do DNIe

Red.es

Entre os obxectivos de METAPOSTA destaca o dar a coñecer á cidadanía as vantaxes da identificación e a sinatura electrónicas, que se reflicte no progresivo abandono do uso do papel e o uso das novas tecnoloxías, co fin de impulsar a Sociedade da Información.

Por este motivo, METAPOSTA colabora con Red.es, dependente do Ministerio da Industria, Comercio e Turismo, no desenvolvemento de actuacións destinadas a fomentar a utilización do DNI electrónico en servizos de relevancia e alta visibilidade.

Os usos do DNIe en Metaposta van desde o seu emprego para a alta no noso servizo, a posibilidade de asinar electronicamente documentos (o marco legal europeo da sinatura electrónica avala a validez legal de todo documento depositado en METAPOSTA e asinado electronicamente) ou recibir notificacións electrónicas, a partir de xaneiro de 2012. E, sobre todo, o DNIe permite o acceso á caixa do correo de METAPOSTA do xeito máis seguro.