Axuda general

Axuda METAPOSTA

  • Crear un novo cartafol.

      Cómpre que introduza o nome da etiqueta que quere crear. As etiquetas deben crearse de forma individual. Non se poden crear mediante o sistema de múltiples etiquetas.

  • Subida de documentos a METAPOSTA.

      Ao solicitar a subida dun documento a METAPOSTA, o sistema preguntaralle se ese documento está asinado dixitalmente. Se o documento está asinado dixitalmente, a sinatura dese documento pode estar contida dentro do propio documento ou ser un ficheiro independente que tamén desexa subir a METAPOSTA. No caso de indicar por parte do usuario que o documento está asinado dixitalmente, o sistema preguntaralle se a sinatura está contida no propio documento ou se se trata dun ficheiro independente, co fin de permitirlle subir tamén o ficheiro coa sinatura no caso de ser un ficheiro independente. Ao indicar que un documento está asinado, o sistema catalogarao como tal.

      Se como usuario descoñece se está asinado ou non, indique que non está asinado.

  • Subscrición a emisores en METAPOSTA.

      Emisor activo: o emisor atópase completamente integrado en METAPOSTA. Se o usuario é cliente do emisor, recibirá as súas comunicacións unha vez completada a súa subscrición.

      Emisor en proceso de integración: o emisor está rematando a súa integración e aínda non pode enviar a través de METAPOSTA. As subscricións trataranse unha vez remate ese proceso.

      Emisor non activo: o emisor comezou os seus labores de integración con METAPOSTA. De momento, non se permiten subscricións a ese emisor.