Axuda acceso

Axuda acceso a METAPOSTA

  • Acceso con usuario e contrasinal.

    No campo usuario cómpre que escriba o seu DNI, nunca PIN ou contrasinal. Para que se efectúe o acceso debe ter en conta varios aspectos sobre como escribir o seu DNI:

    1. Introducir o DNI con letra sempre maiúscula.
    2. Non incluír guións nin espazos entre o número e a letra.
    3. Introducir o seu DNI con algún destes fallos orixinará credenciais erróneas.

     

    No campo do contrasinal ten que introducir o conxunto de números e letras que elixa no seu primeiro acceso a Metaposta.

    Se é a primeira vez que accede a Metaposta:

    1. Se efectuou a alta con Certificado Dixital: escriba a clave que elixiu.
    2. Se efectuou a alta a través de banca online: escriba a clave que se lle facilitou na pantalla. Aconsellámolo que non faga un copiar-pegar do contrasinal desde a pantalla en que esta se xera, xa que pode copiar, por erro, carácteres inesperados, como espazos ao final do texto.
    3. Se efectuou a alta nun KZgunea: escriba a clave que recibiu por correo ordinario.

     

    Se esqueceu o seu contrasinal: se esquece a clave de acceso a Metaposta que elixiu, pode rexenerala chamando ao teléfono de atención ao usuario 902 540 540 ou acudindo persoalmente ao KZgunea colaborador máis próximo.(listaxe de centros KZgunea).

  • Acceso á caixa do correo por primeira vez.

    PIN: cómpre que escriba o código de 4 díxitos recibido por SMS ao móbil. Algúns clientes solicitan ás súas operadoras telefónicas que restrinxa os SMS de números que poidan ser comerciais (normalmente de 4 díxitos). Se é este o seu caso, terá que pedirlle á súa operadora que permita as mensaxes do número de Metaposta: 3355.

    Contrasinal actual: cómpre que introduza o contrasinal que recibiu por carta en caso de terse dado de alta nun KZgunea, ou que lle apareceu na pantalla ao efectuar a súa alta a través de banca online. Recomendámoslle copiar manualmente este contrasinal para que non copie, por erro, carácteres inesperados.

    Novo contrasinal: cómpre que introduza o contrasinal que queira usar a partir de agora para entrar en Metaposta. Este, para maior seguridade, debe ter un mínimo de 8 carácteres que inclúa números e letras. Lembre que o contrasinal distingue entre maiúsculas e minúsculas; teña coidado ao escribilo.

  • Alta con certificado dixital.

    Novo contrasinal: cómpre que introduza o contrasinal que queira usar se entra en Metaposta con Usuario e Contrasinal, en lugar de usar a tarxeta de Certificado Dixital. Esta, para maior seguridade, debe ter un mínimo de 8 carácteres que inclúa números e letras. Lembra que o contrasinal distingue entre maiúsculas e minúsculas; teña coidado ao escribilo.