Amvisa envía as súas facturas a través de METAPOSTA

Amvisa envía as súas facturas a través de METAPOSTA

02/Aug/2011

Mon, 02/12/2018
02 de agosto, 2011

Aguas Municipales de Vitoria-Gasteiz, S. A. (AMVISA) xa envía as súas facturas a través de METAPOSTA, despois de que a finais do mes de xuño concluísen os labores de integración entre os sistemas informáticos de ambas as empresas. A partir de agora, os donos de preto de 117 000 contadores que xestiona esta empresa privada municipal poderán recibir os seus recibos trimestrais nas súas caixas do correo persoais de METAPOSTA.

Amvisa ten como obxecto a prestación do servizo público do ciclo integral das augas na cidade de Vitoria e localidades limítrofes. Esta sociedade municipal realiza tarefas que van desde o abastecemento (que comprende captación, almacenamento, potabilización e distribución de auga potable), ata o saneamento no que supón de recolla e transporte a través da rede de sumidoiro e a depuración e reutilización das augas residuais. En todo este ciclo, Amvisa vén traballando nos últimos anos desde a defensa do medio ambiente, na concienciación á cidadanía para evitar malgastar auga, ou no mantemento dunha rede sen avarías. Deste xeito, pasouse dun consumo de 490 litros por habitante en 1980 á metade en 2010.

O envío da factura a través de METAPOSTA incorpórase a esta política de defensa do Medio Ambiente que caracteriza a Amvisa. O custo estimado do envío das catro facturas anuais aos seus 117 000 clientes supera os 200 000 euros e supón un consumo de 5,6 toneladas de papel. Se Amvisa remitise todas as súas facturas a través de METAPOSTA, esta sociedade aforraría 160 000 euros ao ano, máis do 80 % dos custos actuais.

Nun futuro próximo, outros dous dos grandes consorcios de augas vascos, o Consorcio de Aguas del Gran Bilbao e Aguas de Txingudi, tamén enviarán as súas facturas a través de METAPOSTA.