Coa integración de Iberdrola, METAPOSTA emprende a súa expansión fóra do País Vasco

Coa integración de Iberdrola, METAPOSTA emprende a súa expansión fóra do País Vasco

30/Jun/2011

Mon, 02/12/2018
30 de xuño de 2011

Nun acto presidido polo conselleiro de Industria, Innovación, Comercio e Turismo, Bernabé Unda, o director comercial de Iberdrola, Aitor Moso, subscribiu o pasado 30 de xuño o convenio de adhesión de Iberdrola a METAPOSTA. Por parte de METAPOSTA, rubricou o convenio o vicepresidente da sociedade, Xabier Sabalza. Coa integración de Iberdrola como emisor, METAPOSTA dá o salto máis significativo ata o momento na súa expansión ao resto de España.

A partir deste momento, os máis de 11,5 millóns de clientes de Iberdrola en España, dos que 1,2 millóns son do País Vasco, poderán recibir as súas facturas na caixa do correo electrónica de METAPOSTA despois de seguiren un sinxelo proceso de activación de Iberdrola coma emisor de METAPOSTA.

A integración de Iberdrola en METAPOSTA supón un paso máis na aposta da compañía pola preservación do medio ambiente e o crecemento sostible, fito que se suma ao importante investimento levado a cabo pola empresa en 2010 na área das enerxías renovables que ascendeu a cerca de 3000 millóns de euros. Así mesmo, Iberdrola obtivo no pasado exercicio un récord histórico de produción tras xerar 25 405 millóns de quilovatios hora (kWh) nas súas instalacións renovables, o que supuxo que a produción libre de emisións fose do 48 %, cunha media de emisións de 256 g de CO2 por kWh, un dos niveis máis baixos da Unión Europea, cuxa media é de 412 g/kWh.

Iberdrola está vinculada a METAPOSTA desde as súas orixes coma unha das 18 entidades emisoras que ampararon a súa presentación o pasado 16 de febreiro, en apoio ao labor que esta iniciativa vai realizar no impulso á sociedade da información en diferentes eidos.