Campaña de Metaposta

Campaña publicitaria (novembro de 2011)

Tras ter aberto camiño difundindo a marca durante estes meses, Metaposta comeza en novembro de 2011 unha nova campaña publicitaria, que conta cunha coñecida protagonista: Ana Urrutia, a muller do tempo de ETB, unha das caras máis populares da televisión.

O obxectivo de Metaposta nesta nova etapa é dar a coñecer o seu servizo á cidadanía. Neste sentido, Ana Urrutia exerce como prescritora de Metaposta, en tres spots de formato «microinformativo» en que describe as características, valores e virtudes de Metaposta e as tres formas de darse de alta: presenza, con certificado electrónico ou na banca en liña.

A campaña conta con presenza en exteriores, radio, televisión, Internet e os estadios de baloncesto dos tres equipos vascos (Caja Laboral Baskonia, Bizkaia Bilbao Basket e Lagun Aro Gipuzkoa Basket), tanto en éuscaro coma en castelán.